CRTVG

Buscar

Carmen Calvo, ingresada con problemas respiratorios, pendente do resultado da proba do COVID-19

Publicado o 23/03/2020 11:51
Carmen Calvo, ingresada con problemas respiratorios, pendente do resultado da proba do COVID-19

A vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo, atópase na Clínica Ruber de Madrid para ser tratada dunha infección respiratoria, segundo o diagnóstico médico. As últimas informacións son que lle fixeron as provas do COVID-19, pero, de momento, non ten confirmación de contaxio.

A vicepresidenta acudiu onte pola tarde ao centro hospitalario e, tras as probas médicas realizadas, os facultativos decidiron o seu permanencia para recibir o tratamento prescrito para a infección respiratoria.

Entre as probas médicas feitas procedeuse a realizarlle o test do coronavirus. Cando se coñeza o resultado desta proba, farase pública a información.

Carmen Calvo, funcionaria de carreira, atópase na clínica Ruber, de Madrid, de acordo cos convenios de Muface, a mutualidad pública á que pertence.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí