CRTVG

Buscar

Carmela Silva non participa no pleno en que o PP pediu a súa dimsión

Publicado o 27/02/2019 15:39

Cadeira baleira na bancada socialista. Carmela Silva non asistiu ao pleno onde o Partido Popular pediu a súa reprobación e a do concelleiro de Participación Cidadá, como responsables políticos no caso do enchufe da súa cuñada. Silva criticou desde Madrid a postura dos populares.

Foi nun debate bronco con acusacións entre os grupos. Os socalistas acusaron os populares de causar crispación; mentres o Partido Popular insiste en que Silva asuma responsabilidades políticas.

En Marea desmarcouse da votación e insistiu en ampliar o debate sobre a contratación pública no concello.

A reprobación da Tenente de alcalde e o edil de Participación cidadá foi rexeitada cos quince votos en contra dos socialistas.

Noticias web

27/02/2019