CRTVG

Buscar

Cárcere para dous veciños de Verín que agochaban 300 gramos de cocaína no motor do coche

Publicado o 31/03/2020 10:49
Cárcere para dous veciños de Verín que agochaban 300 gramos de cocaína no motor do coche

A Garda Civil detivo dous individuos que levaban 300 gramos de cocaína agochados no filtro de aire do vehículo en que circulaban.

Os feitos sucederon arredor das tres da madrugada deste luns. Os axentes interceptaron un vehículo na autovía A-52 ao seu paso por Trasmiras (Ourense). Tras identificar os seus dous ocupantes, dous veciños de Verín de 43 e 40 anos, rexistraron o vehículo e descubriron un envoltorio, no interior do motor, no compartimento do filtro de aire, onde transportaban 303 gramos de cocaína.

Os dous individuos foron detidos e postos a disposición do xulgado de Xinzo da Limia, que decretou o seu ingreso en prisión. Ademais da posesión da droga, tamén os acusan de non respectar as restricións de mobilidade impostas polo estado de alarma.