CRTVG

Buscar

Cancelan a procesión do Cristo da Vitoria en Vigo

Publicado o 03/07/2020 20:03
Cancelan a procesión do Cristo da Vitoria en Vigo

Suspendida a procesión do Cristo da Vitoria en Vigo, todo un símbolo da cidade con máis de dous séculos de tradición.

Cada verán reúne miles de persoas, que este ano terán que conformarse coa lectura do pregón desde o Pazo de Castrelos e coa asistencia a oficios relixiosos.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou esta decisión tras a xuntanza coa confraría do Santísimo Cristo da Vitoria. As misas si poderán celebrarse, con estritas medidas de seguridade.

Noticias web

03/07/2020