Campaña de vixiancia do uso do cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil
Empregar os sistemas de retención infantil é fundamental para evitar consecuencias nefastas nos menores no caso dun accidente. Para insistir nesta idea, a DXT comeza mañá unha campaña para vixiar o seu uso.
Dende mañá e ata o vindeiro domingo, incluído, a DXT desenvolverá unha campaña intensiva para controlar o uso de cinto de seguridade e a utilización dos sistemas de rentención infantil homologados.
Durante unha semana os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civíl intensificarán os controis para comprobar se tanto o condutor como os demais ocupantes do vehículos fan uso do cinto seguridade.
Comprobarán, de igual xeito, que os menores viaxen cos correspondentes sistemas de retención infantil axeitados á súa estatura, peso e idade.
Un neno sen suxeición multiplica por cinco as posibilidades de sufrir lesións mortais ou graves.
A finalidade é mellorar a seguridade viaria e concienciar o usuario sobre a importancia de ter comportamentos máis seguros.