CRTVG

Buscar

Campaña de concienciación do comercio local Ourense

Publicado o 02/12/2018 14:25

Os escaparates que iluminan e dan vida a rúas e tendas están hoxe empapelados en sinal de protesta. "Imaxina a túa cidade sen comercio" é o nome da campaña de concienciación que están a levar un grupo de comerciantes de Ourense. Unha iniciativa á que rápidamente se engadiron case 300 pequenos comercios da cidade.

É o xeito de dar a voz de alarma pola situación do sector nun momento complicado polo pulo das grandes cadeas que están a afogar o pequeno comercio. A campaña manterá os escaparates pechados simbolicamente tamén durante todo o luns para animar aos veciños a apostar polo comercio local.

 

Noticias web

02/12/2018