CRTVG

Buscar

Campaña da Xunta para reducir o consumo excesivo de plástico

Publicado o 18/09/2020 13:44

A Xunta retoma a tramitación da nova lei de residuos que quedara interrompida pola convocatoria electoral. 

Agora ponse en marcha a campaña Bye Bye Plástico coa que quere concienciar a sociedade da necesidade dun cambio de hábitos que non será fácil, pero si necesario. 

Nove millóns de toneladas de residuos plásticos acaban cada ano nos océanos de todo o planeta.

Plastico que tarda séculos en degradarse e desaparecer e que procede nun 80% da terra.

Pero a busca dun futuro ambiental sostible precisa da concienciación de toda a cidadanía.

Este é o fin último da campaña Bye Bye Plástico posta en marcha polas consellerías de Medio Ambiente e do Mar, protagonizada por nenos e baixo o lema non é por tí, é por nós.

 

Noticias web

18/09/2020