CRTVG

Buscar

Camiño de superar a primeira onda: a presión sentirase nos hospitais en 15 días

Publicado o 18/01/2021 15:21

Os especaialistas coiciden hoxe en subliñar que nos diriximos inexorablemente ao maior momento de presión hospitalaria desde o inicio da pandemia. Chegará en duas ou tres semanas, pola propia evolución da enfermidade.

"O efecto na ocupación hospitalaria é sempre máis tardía que o dos contaxios, polo tanto, é probable que se supere o número de ingresos da primeira onda", asegura Alberto Ruano, profesor de Medicina Preventiva.

Máis de 1.000 ingresados simultáneos o pasado seis de abril, que poderían acadarse axiña. Hoxe, por sexto día, o número de contaxios volve superar o milleiro. Observan os datos con enorme preocupación desde as unidades de críticos.

"Ás veces é frustración. Estamos pelexando cos pacientes continuamente e vemos que algunhas persoas non respectan as normas, coma se non fose con eles", di Xabier Cid, responsable da UCI do CHUO.

O comité clínico reúnese esta tarde. Aínda é cedo para notar os efectos positivos dunhas restricións que se endureceron o pasado venres, pero revisarase a evolución epidemiolóxica concello a concello.

Os membros do comite clínico piden confianza nos expertos e din que a asistencia estará garantida, con hospitais de campaña se fose preciso.

"Os hospitais de campaña están dentro da cuarta fase do plan de continxencia. Para chegar á cuarta habera que superar a 2ª e a 3ª. Entón, sempre están na cabeza, pero ao seu debido tempo", relata Jorge Aboal, director xeral de Asistencia Sanitaria.



 

Noticias web

18/01/2021