Cambios nas liñas de transporte de Vigo por mor das obras na Porta do Sol
Publicado o 09/03/2020 13:58
Primeiro día sen transporte público na Porta do Sol e cambio de rutina para os viaxeiros frecuentes nos autobuses urbanos de Vigo.
Os traxectos modificados son os que cruzaban a Porta do Sol, pero, en total, son 17 as liñas de transporte redeseñadas nalgún punto dos seus percorridos. Ademais, anuláronse 6 paradas e hai 9 creadas por este motivo.
Os traballos para converter este espazo nunha praza peonil de 8.000 metros cadrados durarán dous anos e irán por fases. Tamén veciños e comerciantes terán que mudar os seus costumes.
O soterramento do tráfico rodado da Porta do Sol ten un presuposto de 17 millóns de euros e aproveita o aparcadoiro dos anos 70 para a construción dun túnel polo que se prevé que circulen uns 5.600 vehículos diarios.
Máis sobre actualidade
20/01/2021 09:41