CRTVG

Buscar

Cámaras ocultas gravan a vida animal na serra do Xistral para o Proxecto Rebinxe

Publicado o 30/08/2020 15:24

O Proxecto Rebinxe dedícase á divulgación da biodiversidade do noso país e de paso amósanos a beleza dos nosos montes. Hoxe deixárono claro con estas imaxes captadas na serra do Xistral.

Colocaron cámaras agochadas por diferentes puntos para facerlles un seguimento aos mamíferos que viven nesta serra que separa a Terra Chá da Mariña. Puideron captar o lobo, raposos e tamén este tipo de gato bravo que vive en Galicia e é tan difícil de ver.

O vídeo colgado nas redes sociais tamén nos achega imaxes de animais que nos son máis familiares en que os vemos facer a súa vida tranquila no monte.

Noticias web

30/08/2020