CRTVG

Buscar

Calzado de Monforte, en expansión por Asia

Publicado o 23/09/2020 20:23

Un primeiro pedido de 150 pares viaxou xa a Hong Kong e está previsto que pronto cheguen máis por mor da súa boa aceptación. O calzado artesanal monfortino, de longa tradición e sona, dá novos pasos no mercado asiático.

Ademais Calzados Losal enviou a Pequín 300 pares de zapatos de home. Esta expansión por Asia súmase á xa emprendida noutros países europeos e suramericanos. As exportacións non deixan de medrar.

Esta empresa familiar, con 120 anos de historia e cinco xeracións, aposta por combinar a tradición cos novos deseños, moitas veces personalizados.

Noticias web

23/09/2020