CRTVG

Buscar

Calvo acusa o PP de "tardofranquista"

Publicado o 22/09/2020 20:34

A pandemia protagonizou algúns dos momentos máis quentes na sesión de control ao Goberno no Senado. O Partido Popular acusou o Goberno de usar a lei de memoria democrática para tapar a súa xestión da actual crise.

Salomé Pradas, senadora popular, enumeraba: "tests e máscaras 'fake', falta de tests na primeira e na segunda ondas, descoordinación coas comunidades autónomas. Sánchez é máis de revisar o pasado para tapar a súa neglixente xestión do presente". 

A vicepresidenta, Carmen Calvo, respondía que "o que vostedes están propoñendo é aproveitar unha pandemia para utilizar lexislación sanitaria no debilitamento da calidade da democracia española. Da memoria democrática haberá moito tempo. Ao mellor, é a derradeira oportunidade que teñen vostedes para deixar de ser tardofranquistas dunha vez por todas na historia da democracia española"

Noticias web

22/09/2020