CRTVG

Buscar

Calviño e Caballero din que Galicia necesita dun goberno leal con Madrid

Publicado o 28/06/2020 15:50

O líder dos socialistas galegos elixiu a provincia da Coruña para este terceiro día de campaña.
Arroupado pola ministra de Economía, Nadia Calviño, estivo en Betanzos e na Coruña. Gonzalo Caballero puxo en valor a capacidade de xestión dos gobernos socialistas e pediu a mobilización de todos os votantes que queren que en Galicia haxa un goberno que aplique as mesmas políticas co executivo central.

Para Nadia Calviño estas eleccións son moi importantes porque España necesita de máis unidade política ca nunca. E resulta fundamental, dixo, a cooperación entre todos os territorios.





 

Noticias web

28/06/2020