CRTVG

Buscar

Calcúlase que cada ano se abandonan en Galicia unhas 22.000 mascotas

Publicado o 10/01/2020 13:40

España é un dos primeiros países na lista de abandono de cans e gatos. Nos primeiros meses do ano é cando máis mascotas se abandonadan. Ao ano en Galicia calcúlase que son uns 22.000. As canceiras e protectoras o que máis precisan son fogares de adopción. 

Calcúlase que en Galicia abandonan 60 animais cada día. Unha cifra máis pequena que hai anos e os casos de maltrato que chegan son poucos. O que si aumentaron foron os abandonos dos cans de razas potencialmente perigosas ao ter que cumprir os seus donos uns requisitos rigurosos e pagar un seguro. O máis problemático encontrar fogares para gatos.

"Gatos, levamos xa bastantes meses con bastante saturación aquí. Porque na época de verán chegan un monte de camadas e aínda que seguen saíndo adopcións pois entran moitos máis dos que saen. E ademáis o ano pasado tamén por un desafuizamento chegáronnos 22 gatos adultos de golpe, co que eses animais tardan moito máis en sair. Agora mesmo temos sobre 180 cans e 145 gatos. No Nadal non notamos que se abandonasen máis animais o que si o día 31 trouxéronnos 18 cans de golpe", Olaia García, directora do Refuxio de Bando en Santiago.

O abandono animal é un problema público onde un particular xera un gasto a cidadanía e pode chegar a provocar problemas graves, din, como accidentes de circulación. Mentres que case a totalidade dos abandonos quedan impunes, sen nin sequera identificar o autor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2020