CRTVG

Buscar

Calculan que se celebrarán máis de 300 festas ilegais na Noitevella en Galicia

Publicado o 27/12/2019 17:57

É unha agresiva campaña contra as festas ilegais. É unha conferencia de prensa tradicional das vésperas da Noitevella.

"Cando dei a miña primeira conferencia de prensa sobre este tema había en Galicia entre 3.000 e 4.000 festas ilegais."

E inmensamente menores son xa as cifras deste ano. "A suma de todas as festas ilegais que estimamos é de 280. É unha redución importante. Foise reducindo todos os anos de maneira constante, agás hai dous anos, cando houbo unha lixeira suba."

E para os anos vindeiros aspiran a que só haxa apenas unhas ducias de festas ilegais. Para conseguilo apóianse na nova Lei de Espectáculos de Galicia, que contempla cuantiosos castigos para as festas ilegais.

"De 30.000 euros a 600.000 euros."

Son os concellos os que deben actuar contra as festas ilegais. Unha de cada dez son totalmente clandestinas, en locais sen licenza, sen acondicionar. Contra elas centra principalmente os seus esforzos a federación de salas de festas.

"Valorarase se se precisa contratar algún detective nalgún caso puntual, cómpranse entradas, búscase cartelería e preséntanse as denuncias."

Denuncias que poden acabar nesas fortes sancións económicas. Lembran que as festas ilegais poñen vidas en perigo, e que iso non ten prezo.







 

Noticias web

27/12/2019