CRTVG

Buscar

Caída histórica da taxa de mozos que só cursan estudos obrigatorios

Publicado o 28/01/2021 18:46
Caída histórica da taxa de mozos que só cursan estudos obrigatorios


O abandono escolar temperán cae ata o 12% en Galicia. É dicir, que por cada 100 mozos galegos de entre 18 e 24 anos, hai 12 que só remataron os estudos obrigatorios.

Esta porcentaxe marca mínimos históricos, e previsiblemente será unha das máis baixas de España, a falta de que se publiquen os datos das outras comunidades.

A Unión Europea marcou como obxectivo para España unha taxa de abandono temperán do 15% para 2021, cando o ano pasado superaba o 17%.

Noticias web

28/01/2021