CRTVG

Buscar

Caetano Horta entra na selección definitiva do dobre scull que irá a Tokyo

Publicado o 07/03/2021 12:13

O padexeiro noiés Caetano Horta Pombo (ano 2003) do Club do Mar de Noia entra na selección definitiva para completar o dobre scull que gañou a praza para participar nos Xogos de Tokyo. 

O equipo español, que quedou minguado logo da renuncia do moañés Rodrigo Conde, busca o compañeiro para Manel Belasategui, que realizou o mellor tempo no selectivo (7:11). A un segundo chegou Patricio Rojas, antigo compañeiro de Rodrigo Conde e a tres o tamén andaluz Daniel Gutiérrez. 

Para ser convocado o cuarto clasificado precisaba facer un tempo que fose inferior aos tres segundos con respecto ao segundo clasificado, e Caetano Horta parou o cronómetro en 7:15:04, a 2:44 de Patricio Rojas, co que mantén as súas opcións de ir á gran cita deste 2021 ademais de poder participar no Campionato de Europa e na I e II Copa do Mundo.