CRTVG

Buscar

Cae unha rede que obrigaba a inmigrantes a traballar en condicións infrahumanas

Publicado o 18/10/2020 14:08

Operación contra a explotación laboral de inmigrantes en Andalucía. A Policía Nacional detivo 29 persoas.

Son os membros dunha rede que traía a España inmigrantes coa promesa dun traballo digno. Unha vez aqui, a situación de necesidade das vítimas, obrigábaos a aceptar xornadas laborais interminables sen comida nin auga e cobrando cantidades moi por debaixo do estipulado.

Os inmigrantes, 52 en total, eran dados de alta na Seguridade Social de maneira fraudulenta para así a organización lograr altos beneficios.


 

Noticias web

18/10/2020