CRTVG

Buscar

Cae un guindastre no Porriño e derruba parte da capela do Cristo

Publicado o 17/03/2020 16:10

O confinamento que estamos a vivir estes días evitou unha traxedia no Porriño. Un guindastre de obra de grandes dimensións caeu nun parque céntrico da localidade e derrubou parte da capela do Cristo. Por sorte tan só houbo danos materiais. Os bombeiros seguen traballando a estas horas na zona. O estrondo da caída do guindastre desta obra no parque do Cristo, no Porriño, causou un gran susto entre os veciños.

O principal dano produciuse na capela do Cristo, que sufriu o derrubamento de parte do tellado e danos importantes na fachada e no interior do templo. Tamén quedou afectado un edificio de traballadores. A parte máis alta do guindastre caeu sobre el. Por sorte, os catro traballadores que estaban na planta baixa quedaron ilesos.

Ata o lugar dos feitos achegáronse Garda Civil, Policía Local e bombeiros, que acordoaron a zona e traballan na retirada dos cascallos. A situación de confinamento que vivimos estes días evitou a traxedia na praza, practicamente baleira, e no parque infantil, acotío cheo de cativos.


 

Noticias web

17/03/2020