CRTVG

Buscar

Cae outra casa en ruínas en Betanzos e os veciños denuncian o risco para os viandantes

Publicado o 04/02/2019 14:21

Preocupación en Betanzos polo risco que supoñen para os peóns os moitos inmobles en ruínas da zona histórica. Hai escasos días, outra casa derrubouse de madrugada sen causar danos persoais.
Os veciños din que, malia os intentos de revitalizar a zona monumental, o estado en que están os edificios é perigoso para todos.

Esta casa da rúa Quiroga é a segunda que cae en cinco días na parte histórica de Betanzos. O seu avanzado estado de deterioración era evidente. Poucas horas antes do derrubamento houbo quen alertou do risco que supoñía. Os veciños din que o estrondo foi tal que espertou a moitos. Din que viven acotío con ese risco porque son moitos os inmobles da zona monumental que están en ruínas.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/02/2019