CRTVG

Buscar

Cada vez máis viaxeiros descartan o tren para viaxar entre Vigo e O Porto

Publicado o 02/04/2019 16:18

Cada vez máis viaxeiros descartan o tren para viaxar entre Vigo e O Porto. A duración da viaxe e a falta de frecuencias son os principais motivos. Dispáranse as ofertas por estrada en autobús, taxi ou coche compartido. 

O tren sae da estación de Guixar en Vigo e chega ao Porto dúas horas e vinte minutos máis tarde. Xunto á falta de frecuencias, só dúas diarias, os viaxeiros buscan outras alternativas. A maioría escollen o autobús, polas tarifas e a dispoñibilidade horaria.

Tamén crece a oferta do coche compartido e a dos taxis, que confirman un aumento da demanda do traxecto entre as dúas urbes.

Os prezos, os horarios e o tempo nas viaxes poñen de relevo a falta de competitividade do tren Vigo-O Porto fronte ao incremento do transporte por estrada, cunha media de 90 minutos de duración.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/04/2019