CRTVG

Buscar

Cada vez máis restaurantes ofertan comidas para o día de Nadal

Publicado o 23/12/2019 14:37

A tradición de celebrar o 25 de decembro en casa segue a ser o máis habitual, pero os últimos anos vai gañando terreo facelo fóra. Cada vez son máis os que optan por reservar nun restaurante e moitos xa colgan o cartel de completo.

Non ter que facer a lista da comprar e nin cociñar para moita xente son algúns dos motivos que se agochan destrás desta opción. Os restaurantes ofrecen para ese día unha carta moi variada con menús tradicionais ata os máis sofisticados.

A tendencia de Cambiar a receita da avoa pola especialidade do chef imponse ano tras ano en moitas familias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/12/2019