CRTVG

Buscar

Cada vez máis familias deciden despedir o ano nun hotel

Publicado o 29/12/2019 14:43

Cea-baile para toda a familia fóra da casa. Cada vez máis xente escolle esta opción para despedir o ano. Nótase nos establecementos hoteleiros, onde estes días o traballo é frenético. En cidades coma Vigo, a ocupación para Noitevella rolda o cen por cento.

Hai ofertas de cea e cotillón, pernoita ou incluso sesión de spa ao día seguinte. Estes paquetes triunfan entre as familias, pero a xente nova segue a preferir a festa despois das uvas nun local de ocio. Iso si, con garantías.

De feito, estímase que as festas ilegais van descender esta Noitevella entre un 20 e un 25%. Son os datos que manexa a federación de salas de ocio e discotecas de Galicia que, aínda así, agarda a celebración de case 300 eventos clandestinos para despedir o 2019.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/12/2019