CRTVG

Buscar

Caballero propón que a Xunta entregue máscaras de balde para o desconfinamento

Publicado o 20/04/2020 21:49

Gonzalo Caballero proponlle á Xunta un programa de provisión de máscaras de protección gratuítas a todos os galegos para as primeiras semanas de desescalada. O secretario xeral do PSdeG recorda que Feijóo xa se mostrou partidario de xeneralizar o uso de máscaras entre os cidadáns.
"Propoñemos que o goberno de Galicia adopte un programa de provisión de máscaras para toda a cidadanía galega de balde para as primeiras semanas. É algo realizable dacordo aos orzamentos da Xunta porque non implicaría custos inasumibles nin excesivos", di Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

Noticias web

20/04/2020