CRTVG

Buscar

Caballero pide a Feijóo a mesma "transparencia que el reclama a outros"

Publicado o 27/04/2020 07:31
Caballero pide a Feijóo a mesma "transparencia que el reclama a outros"

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu este domingo ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que traballe coa mesma "información e transparencia que el reclama a outros" gobernos e institucións no medio da emerxencia sanitaria espertada polo brote de COVID-19.

Así se pronunciou Caballero nun comunicado remitido este domingo aos medios despois da reunión mantida polo xefe do Executivo galego cos principais líderes políticos da oposición en Galicia.

Nela, indicou o dirixente socialista, o PSdeG requiriu á Xunta información "detallada" sobre o nivel de  contaxios nos concellos e nas áreas sanitarias de Galicia, e sobre o estado das residencias de anciáns e as conclusións do estudo epidemiolóxico que está a elaborar o Goberno galego.

De igual forma, demandou ao Executivo autonómico "que sexa leal e responsable nas súas decisións na fase de desconfinamento e de desescalada que o Goberno de España debe coordinar para o conxunto do territorio".

Sobre esta mesma, Caballero agregou que "non é o momento de buscar ningún tipo de medalla individual" desde cada un dos gobernos, senón de "colaborar" para alcanzar unha saída a esta "crise de tanta gravidade".