CRTVG

Buscar

Caballero di que o PSdeG terá as mellores listas para o 5 de abril

Publicado o 24/02/2020 15:00

No proceso de elaboración de listas anda o PSdeG, un resultado que dará a coñecer esta fin de semana. Esta tarde, serán os militantes de Ourense os que voten a súa proposta, aínda que desde a dirección advirten que o partido terá a última palabra.

Son declaracións do secretario xeral dos socialistas de Galicia tras dunha xuntanza de traballo coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey. Gonzalo Caballero puxo o seu traballo á fronte do Goberno municipal como exemplo das políticas progresistas que o PSdeG quere trasladar á Xunta de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2020