CRTVG

Buscar

Caballero di que hai "overbooking" de candidatos socialistas para o 5-A

Publicado o 23/02/2020 13:09

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero advirte de cara á elaboración das listas para as autonómicas que "non é momento de individualidades senon da acción colectiva". Nunha entrevista na Radio Galega, o líder socialista di que ten "overbooking" de candidatos, pero que os postos son os que hai.

O candidato socialista á presidencia da Xunta tilda de "insuficiente" o estato prás electrointensivas presentado polo goberno de Pedro Sánchez. Gonzalo Caballero pídelle ó ministerio de Industria que estude as alegacións presentadas e amósase en liña co presidente asturiano, que ven de pactar coa Xunta e o goberno de Cantabria un paquete de propostas pra mellorar a regulamentación

Caballero avoga por solucionar na negociación dun novo modelo de financiamento autonómico a débeda pendente con Galicia da liquidación do IVE. Caballero insiste en rexeitar que a Xunta acuda ós tribunais pra reclamar os 200 millóns que lle debe o ministerio porque entende que o Goberno actuou dentro da lei e afirma que ese tipo de recurso non vai a ningún lado. Avoga por resolver o asunto dende o diálogo cando se aborde o novo modelo de financiamento.

Noticias web

23/02/2020