CRTVG

Buscar

Caballero dá por resolta a crise dos socialistas en Lugo

Publicado o 27/06/2019 15:00

O líder dos socialistas galegos dá por pechada a crise do PSOE na provincia. Gonzalo Caballero asegurou que está todo encarrilado. A dimisión de Álvaro Santos por cuestións políticas deixou o partido en mans dunha xestora. Caballero anunciou que haberá primarias pero non dá datas, remítese á decisión dos órganos competentes. "O proceso resolverase dacordo as normas do partido e me remito aos órganos competentes do partido en Lugo para calquer tipo de perspecitva que será feita seguindo a liña federal, estamos moi encarrilados, abrindo unha nova páxina e con todos os deberes ben feitos", dixo Caballero.

Noticias web

27/06/2019