CRTVG

Buscar

Caballero critica o anuncio "unilateral" de Endesa do peche da central das Pontes

Publicado o 21/01/2021 21:16

O secretario xeral do socialistas galegos.censura o anuncio "unilateral" de Endesa do peche definitivo da central das Pontes. Foi tras unha reunión co alcalde de Ferrol ao lle anunciou que vai presentar no Parlamento un plan Ferrolterra para a revitalización económica da comarca e que lle proporá á Xunta que o lidere.

Ademais, Gonzalo Caballero reclamoulle a Endesa que se comprometa coa comarca e que consensúe unha transición ecolóxica xusta para manter o emprego e a produción enerxética.

"Anuncia un peche definitivo sen explorar ou sen compartir resultados co conxunto das administracións que realmente evidencien que non se poden dar usos enerxéticos a unha planta que ten que manter o emprego. Hai que desenvolver a produción enerxética con fontes alternativas", di Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

Noticias web

21/01/2021

Máis sobre actualidade