CRTVG

Buscar

Caballero asegura que os socialistas teñen proxecto e que están preparados para gobernar Galicia

Publicado o 07/07/2020 19:05

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, recibe hoxe a visita da ministra Carmen Calvo. Ambos participan en varios actos, un deles en Santiago. Pola noite pecharán o día no Barco de Valdeorras.

Antes, Gonzalo Caballero estivo en Lugo, acompañado pola alcaldesa da cidade. Asegura que os socialistas teñen proxecto e que están preparados para gobernar Galicia. Se o fan, queren poñer os mellores profesionais sanitarios á fronte da loita contra a covid-19.

Noticias web

07/07/2020