CRTVG

Buscar

Buscan unha muller de 85 anos desaparecida no concello ourensán de Avión

Publicado o 04/02/2019 14:29

Garda Civil, Protección Civil e ducias de veciños buscan unha octoxenaria que desapareceu onte á tarde no concello de Avión. Felicita Estévez, de 85 anos, saira dar un paseo. Ao ver que non regresaba, os seus familiares alertaron as forzas de seguridade. A última vez que a viron foi na aldea de Beresmo, onde se están a centralizar os labores de busca.

Sobre o mapa Garda Civil, Protección Civil e Policía Local organizan o operativo de busca. Felicita Estévez, de 85 anos, vive cunha filla en Avión. Onte a tarde saíu dar un paseo, como fixera outras veces.

Dende a igrexa de Beresmo centralízase a busca, que comezou contra as nove da noite de onte e alongouse ata ben entrada a madrugada. Esta mañá uníanse cans de rastrexo da Garda Civil e tamén de Protección Civil, tras darlle a ulir pezas da desaparecida, intentan buscar o seu rastro.

Numerosos veciños e familiares participan activamente na busca. Polo momento non se sabe nada do paradoiro de Felicita Estévez.



 

Noticias web

04/02/2019