CRTVG

Buscar

Buscan un mozo desaparecido en Ordes

Publicado o 23/12/2019 13:58

Á busca súmase o equipo dos drons da AXEGA. Tamén contan coa colaboración da Policía Local e os voluntarios de Protección Civil, que comezaron a revisar pola zona do Brumeiral.

Pídese a colaboración cidadá para tratar de localizar un mozo de 19 anos, natural de Xanceda, en Mesía, do que non se sabe nada dende a madrugada do domingo.

Chámase Santiago Manteiga López, e foi visto por última vez en Leira, cando regrasaba dunha cea de empresa.

Mide metro oitenta de estatura e é de complexión delgada. No momento da súa desaparición vestía pantalón vaqueiro, camiseta negra e suadoiro de cor morada.

A familia pide a quen teña información que contacte coa Garda Civil de Ordes.

 

Noticias web

23/12/2019