CRTVG

Buscar

Buscan un mozo de 18 anos desaparecido dende o luns na Coruña

Publicado o 10/03/2020 17:00
Buscan un mozo de 18 anos desaparecido dende o luns na Coruña

Buscan un mozo de 18 anos chamado Aarón Lobillo Fernández, que se atopa en paradoiro descoñecido desde este luns, cando o viron por última vez na Coruña, segundo recolle Sosdesaparecidos. A asociación traslada que o mozo é de complexión delgada, ten o pelo castaño escuro e mide 1,80 metros de estatura.

A Policía Local da Coruña difunde a alerta este martes na súa conta de Twitter e solicita que calquera persoa que poida ter información para localizalo chame a algún dos teléfonos de emerxencia, tales como o 092, 091, 062 ou 112. Ademais, os números de teléfono que facilita Sosdesaparecidos son 642 650 775 e 649 952 957.