CRTVG

Buscar

Buscan un home que atracou un banco na Lama con gorra, lentes e máscara cirúrxica

Publicado o 21/05/2020 20:17
Buscan un home que atracou un banco na Lama con gorra, lentes e máscara cirúrxica

A Garda Civil busca un home que esta mañá atracou unha sucursal bancaria no concello pontevedrés da Lama. O asaltante entrou na oficina cando só estaba unha empregada no interior. Levaba gorra, lentes e unha máscara cirúrxica. Ameazou con sacar unha arma, pero non chegou a facelo. Despois de facerse cos cartos, o home fuxiu do lugar a pé.


 

Noticias web

21/05/2020