CRTVG

Buscar

Buscan un home de 84 anos que desapareceu no Páramo

Publicado o 15/04/2020 14:30

Un amplo dispositivo das forzas de seguridade busca por terra e tamén dende o aire, cun helicóptero da Garda Civil, a José Vázquez Castaño. O home, de 84 anos vivía nesta casa do lugar de Quintela coa súa muller que foi a que deu a voz de alarma ao ver que non regresaba tras saír a pasear.

Nas labores de busca participa tamén a unidade canina da Garda Civil ademais de efectivos de Protección Civil e numerosos veciños da zona.

No momento da súa desaparición o home vestía un pantalón gris e un xersei azul xunto cunha chaqueta deportiva negra e vermella e zapatos marróns.

Noticias web

15/04/2020