CRTVG

Buscar

Buscan un home de 47 anos desaparecido o pasado xoves en Burela

Publicado o 21/12/2019 21:35

A Garda Civil busca un veciño de Burela desaparecido dende o xoves pola tarde.Trátase de Xesús Balseiro, de 47 anos de idade, a quen se lle perdeu a pista despois de saír do seu centro de traballo. Tampouco hai rastro do seu vehículo, un Opel Meriva de cor gris. A súa familia estivo a buscalo sen éxito pola contorna e solicitan a colaboración cidadá para dar co seu paradoiro. A Garda Civil activou un dispositivo de busca e está a investigar as circunstancias da desaparición.

 

Noticias web

21/12/2019