CRTVG

Buscar

Aparece san e salvo o home de 40 años a quen se lle perdera a pista en Ourense

Publicado o 01/01/2020 18:30
Aparece san e salvo o home de 40 años a quen se lle perdera a pista en Ourense

Carlos Daniel Oliveira, o home de corenta anos desaparecido en Ourense púxose en contacto este xoves coas autoridades para avisar de que se atopaba ben. 

As forzas de seguridade solicitaran a colaboración cidadá para intentar localizalo despois de que súa irmá denunciara a súa desaparición o non saber nada del dende o 29 de novembro. Fora visto por última vez en Ourense. Hai unhas horas, o home que é vendedor ambulante, recoñeceuse nun medio de comunicación e decidiu informar de que estaba en perfecto estado.