CRTVG

Buscar

Atopan morto un home de 24 anos desaparecido no río Guadalquivir

Publicado o 24/08/2020 14:01

Os servizos de emerxencias atoparon esta mañá o mozo de 24 anos que desapareceu onte de noite no río Guadalquivir en Sevilla.

Os mergulladores atopárono a poucos metros do lugar onde foi visto por última vez por un amigo que quedou na zona do paseo.

Segundo as primeiras investigacións, o home podería estar bébedo e saltou o río cerca da Praza de armas. Agora, o corpo vai ser trasladado o Instituto de Medicina Legal para facerlle a autopsia.

A Policía trata de confirmar a identidade do falecido, que parece ser de orixe magrebí.

Noticias web

24/08/2020