CRTVG

Buscar

Buscan os restos de Marta Calvo na maior planta de residuos de Valencia

Publicado o 12/12/2019 16:08

Axentes da Garda Civil comezaron a inspeccionar o vertedoiro de Dos Aguas, en Valencia, para buscar os restos do corpo de Marta Calvo. O sospeitoso da súa desaparición está a ser investigado tamén en relación coa morte doutras dúas mulleres en circunstancias semellantes.

Máis de vinte axentes da Garda Civil entraron esta mañá no vertedoiro de Dos Aguas, a maior planta de tratamento de residuos da Comunidade Valenciana.

Aquí inspeccionan polo miúdo o lixo que está xa compactado con arxila e que chegou o día 9 de novembro, dous dias despois da desaparición de Marta Calvo.

Os axentes rexistran unha zona moi concreta da planta, porque segundo os responsables da mesma, os traballadores anotan sempre o lugar en que se depositan os residuos e a que día corresponden.

Todo para comprobar a veracidade do relato do sospeitoso de que despezara o corpo da muller e o botara en colectores do lixo de varias localidades.

O detido tamén lles dixo que Marta morrera de xeito accidental tras manter relacións sexuais e consumir cocaína.

O delegado do Goberno confirmou que a policía investiga agora se Jorge Ignacio está implicado na morte doutras mulleres que faleceron en circunstancias semellantes.

Os investigadores tratan de descubrir se Jorge Ignacio Palma puido estar con algunha desas mulleres antes de morresen.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/12/2019