CRTVG

Buscar

Buscan os atracadores que mataron un mozo de Carnota asasinado en Normandía

Publicado o 13/08/2020 14:41

As autoridades francesas comezaron xa coas investigacións para esclarecer os feitos e atopar aos responsables do sucedido entorno ao asasinato do mozo de Lira ocorrido a pasada semana en Francia. 

Pouco se sabe aínda do que sucedeu o pasado martes na localidade de Harfleur, na alta Normandía onde Antón Mayán, un mozo de Lira de tan só 31 anos, foi supostamente asasinado a mans duns atracadores. 

O Concello de Carnota segue consternado polo ocorrido e a investigación, que está en mans das autoridades francesas, continúa en curso para atopar os culpables.

Todo apunta a que se tratou dun atraco, xa que o corpo foi atopado indocumentado, sen cartos nin teléfono.

Os familiares do falecido, moi afectados polo sucedido, preferiron non facer declaracións, pero contan que agora encontranse á espera dos resultados da autopsia para esclarecer o ocorrido e poder levar a cabo a repatrición do cádaver. 

 

Noticias web

13/08/2020