CRTVG

Buscar

Buscan o atracador que asaltou, armado cunha pistola, un estanco en Ourense

Publicado o 21/04/2020 19:46
Buscan o atracador que asaltou, armado cunha pistola, un estanco en Ourense

A Policía Nacional segue buscando o atracador que asaltou, armado cunha pistola, un estanco de Ourense.

O atracador esperou a súa quenda na cola e, cando lle tocaba ser atendido, sacoulle a arma á empregada ao tempo que lle esixía os cartos da caixa. Apoderouse duns 1.500 euros. Despois fuxiu a pé.

Ao lugar achegáronse patrullas da Policía Nacional e da Local. Inspeccionan a cámara de seguridade para identificalo.

Noticias web

21/04/2020