CRTVG

Buscar

Burela recupera a liberdade de movementos

Publicado o 22/07/2020 21:00

• Amplíase unha hora o peche dos locais de hostalaría, pero mantense a ocupación ao 50% e un máximo de 10 persoas ans reunións de non convivientes | Os casos activos na Mariña baixan a 69


A Mariña recupera a total liberdade de movementos. A partir das doce desta noite, Burela, o concello que mantiña as restricións de mobilidade, queda libre delas. Acaba de anuncialo o conselleiro de Sanidade.

A mellora da situación en Burela permite que esta mesma noite se levanten as restricións de mobilidade. A partir das 12 da noite toda Galicia terá liberdade de movementos.

Na Mariña tamén se amplía o horario de peche dos bares ata a 1 da madrugada. O que si se mantén é a limitación de ocupación nas reunións de non conviventes, que seguen sendo dun máximo de 10 persoas. Os expertos chaman á responsabilidade e piden que tamén se empregue a máscara nestes casos. 

O sentido común e a responsabilidade de todos son as mellores armas contra o virus. As autoridades sanitarias poñen o foco no ocio nocturno e nas reunións coa familia e os amigos. 

Na Mariña a vista está xa posta no mes de agosto. Na comarca quedan 69 positivos, 10 menos ca onte. Sanidade fixo máis de 4.000 probas PCR dende que se iniciou un brote, que xa se dá por controlado.

 

Noticias web

22/07/2020