CRTVG

Buscar

Burela Pescados Rubén-Alcorcón e Poio Pescamar-Alacante, semifinais da Copa da Raíña de fútbol sala

Publicado o 01/12/2020 21:32
Burela Pescados Rubén-Alcorcón e Poio Pescamar-Alacante, semifinais da Copa da Raíña de fútbol sala

E xa temos cruzamentos nas semifinais da Copa da Raíña de fútbol sala feminino que se celebrará no Martín Carpena de Málaga do 18 ao 20 de decembro. O Burela Pescados Rubén, actual campión copeiro, enfrontarase ao Alcorcón e na outra semifinal o Poio Pescamar ao UA Alacante. Os dous equipos buscarán medirse nunha final galega na que é a resolución do torneo da temporada 19-20 que fora adiado pola pandemia.

Noticias web

01/12/2020