CRTVG

Buscar

Burela, Foz e Xove concentran o 90% dos contaxios da Mariña

Publicado o 07/07/2020 20:50

O brote da Mariña sitúase nos 121 contaxiados, tres máis ca onte. O foco concéntrase en 3 dos 14 concellos da comarca: Burela, Xove e Foz. Este municipios concentran arredor do 90% dos casos.

A maior parte dos diagnosticados presentan cadros leves e están sendo atendidos nos seus domicilios. Mentres, a Garda Civil de Tráfico continúa realizando controis nos accesos á comarca da Mariña para comprobar que ninguén entra ou sae sen xustificación

A Policía Autonómica e a Local reforzan tamén a vixilancia do cumprimento das normas de prevención. "O peche é para tratar de controlar e impedir que os casos se estendan, ademais de para localizar os casos cero", explica Juan Gestal, catedrático de Medicina Preventiva da USC. No hospital da Mariña mantéñense en 4 as persoas ingresadas, ningunha na UCI.

Noticias web

07/07/2020