CRTVG

Buscar

Burela aspira a rematar o peche o mércores tras reducir a 53 os casos activos

Publicado o 20/07/2020 21:09

Os casos activos de COVID-19 seguen baixando en Galicia ata os 202. Os contaxios tamén van a menos no brote da Mariña; redúcense ata os 86, 26 menos nas últimas 24 horas. As autoridades sanitarias destacan a tendencia positiva, e o mércores o comité clínico decidirá sobre o illamento de Burela, o único concello da comarca que mantén restrición á mobilidade. En Vilalba o brote mantense en seis positivos, e en Betanzos suman tres xornadas sen novos casos.

Na comarca ourensá de Trives dous locais de hostalería decidiron pechar voluntariamente polo contacto cun operario que deu positivo tras regresar de Lleida. Polo momento, as probas realizadas aos contactos deron negativo, pero permanecen illados nos seus domicilios baixo seguimento. O traballador está ingresado en planta no hospital de Ourense.





 

Noticias web

20/07/2020