CRTVG

Buscar

Bueu e Ribeira gañan o Campionato de España de Bateis

Publicado o 27/09/2020 15:31

Tamén no remo, a Pobra acolleu os campionatos galegos de bateis. Na categoría masculina impúxose Bueu, por diante do club anfitrión, a Pobra, e de Muros, que entraron moi parellos. E así se proclamaba Bueu campioa galega.

Na categoría feminina, o título foi para o batel de Ribeira, por diante de Meira e de Chapela. A semana que vén, en Meira, cita cos campionatos de España.

Noticias web

27/09/2020