CRTVG

Buscar

Bueu Dron Fest: Os mellores pilotos de carreiras polo aire

Publicado o 20/07/2019 20:42

O festival de drons de Bueu está en plena competición e xa de noite coñecerase o nome do piloto máis veloz e con máis pericia na condución destas pequenas naves. Durante os adestramentos desta xornada quixemos coñecer de primeira man que futuro lle agarda ao oficio de piloto de drons de carreiras nun mundo robotizado que cada vez usa máis os outros drons, os comerciais.

Aquí reparan os seus drons de carreiras os pilotos. Son os boxes da Fórmula 1 do aire. Porque en dous segundos un destes pequenos paxaros pode chegar aos 160 quilómetros por hora. Neste "Bueu Dron Fest" hai inscritos 24 pilotos. O seu cometido e dar catro voltas a este circuíto de case 500 metros, tan técnico e con tantos obstáculos. Apesares das horas de adestraemnto para ter tanta pericia, para levar tan controlados os drons de carreiras este mundo é absolutamente amateur. Manuel Juncal. Director do "Bueu Dron Fest": "Cobrar de momento nada. Pode haber algún que ao mellor participe no Campionato de Europa o no Mundial que esté ben patrocinado. Pero de momento en españa e en europa profesionais non, en Estados Unidos si"

Os pilotos destos avións non tripulados de carreiras son hoxe afeccionados pero o futuro, que xa está vindo, quizais traiga traballo para eles, como trouxo hai uns anos un oficio para os pilotos de drons comerciais Nicolás Guitián. Piloto de drons de carreiras:"Un dron de carreiras pois si, para deportes extremos, de riesgo BMX, Fórmula 1, rallies, si que lle vexo futuro como pilotos sobre todo." Manuel Juncal. Director do "Bueu Dron Fest"Moitas das grabacións que se están facendo hoxe en día para anuncios publicitarios fanse con drons de carreiras, xa non se fan con drons comerciais ou convencionais, e é máis, un piloto de drons de carreiras pilota calquera dron, pero un piloto dun dron comercial non sabe pilotar un dron de carreiras" Nicolás Guitián. Piloto de drons de carreiras: "Nun futuro os drons non van necesitar tantos pilotos como xente que faga os drons, que os deseñe e configure. Como un enxeñeiro dos drons"

Porque cando se incorpore a intelixencia artificial a estos aparatos voarán, grabarán, farán tarefas de mantemento industrial en altura sen necesidade de pilotos humanos.

Noticias web

20/07/2019