CRTVG

Buscar

Bruxelas esixe que o Goberno destine calquera ingreso extra a rebaixar a débeda

Publicado o 20/11/2019 18:56

As contas que o Goberno en funcións enviou en outubro a Bruxelas non convencen a Comisión. Sen novos orzamentos, eran en esencia as mesmas que deixou feitas o goberno do PP, con engadidos como a suba das pensións ou dos salarios públicos. A consecuencia é que o gasto público vai rebasar o ano que vén o 0,9% de incremento que Europa nos puxera como límite. E, sen novas medidas que o compensen, o déficit non vai baixar ata o 2% que se esperaba de nós este ano. O vicepresidente da Comisión, Valdis Dombrovskis aféalle a España que non aproveitara a bonanza económica para reducir a débeda.

Valdis Dombrovskis, vicepresidente da Comisión Europea advirte que "España está entre os países con altos niveis de débeda pública e, por tanto, é importante que España continúe reducindo o déficit orzamentario"

A Comisión mándalle tres mensaxes ao novo executivo: espera que dedique calquera ingreso extraordinario a enxugar a débeda, que tome medidas para soster o sistema de pensión e que vaia pensando en axustes adicionais por 9.600 millóns de euros.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/11/2019