CRTVG

Buscar

Bruxelas distribúe anticonceptivos no gran para frear a poboación de pombas

Publicado o 19/09/2019 15:57

As extensas poboacións de pombas son un problema frecuente en moitas cidades europeas, xa que en moitos casos presentan unha imaxen de sucidade e causan danos nas terrazas. Bruxelas decidiu atallar o problema distribuíndo pílulas anticonceptivas en grans. A experiencia vaise poñer en marcha nun dos parques onde cada día comen unhas 250 pombas das preto de 4.000 parellas que hai na vila.

Alí, cada día os veterinarios repartirán á mesma os grans contraceptivos, unha decisión en que Bruxelas inviste uns 6.000 euros. Nas cidades onde xa se probou esta experiencia, conseguiron recucir nun 40% as poboacións de pombas en dous anos. Malia todo, algúns colectivos advirten do risco de que outras especies de paxaros coman tamén eses grans que os deixaría estériles.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019