CRTVG

Buscar

Brutal agresión a un ancián nun autocar nas Vegas

Publicado o 16/05/2019 22:34

Son imaxes dunha discusión nun autobús que acabou cun empurrón mortal. Sucedeu o pasado mes de marzo nas Vegas, pero transcendeu agora. Unha muller e un vello discutían ante a mirada do resto dos pasaxeiros. No medio da disputa, abriron as portas do autocar e nese momento a muller empurrou o señor. O impacto co chan foi tan forte que acabou provocándolle a morte ao cabo de varios días. Agora a muller está detida e a policía busca as testemuñas da agresión para coñecer máis detalles do sucedido.
 

Noticias web

16/05/2019